Charo Pita recala na Biblioteca de Poio con «Porco porquiño ensíname o camiño»

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

Sandra Alonso

01 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este venres, Charo Pita visita a Biblioteca Municipal de Poio co seu contacontos Porco porquiño, ensíname o camiño (17.30 horas). Trátase dunha dun contacontos dirixido a bebés de 0 a 3 anos e «inclúe contos, brincadeiras, rimas e cancións porcas, porquísimas», destacaron dende o Concello de Poio precisando que é unha actividade de balde ata completar aforo.

Por outra banda, a Biblioteca Municipal e no marco do Reto Lector convida aos participantes, nesta ocasión, a elixir un título de non ficción. Para tomar parte nesta iniciativa é preciso inscribirse no mostrador de préstamos da propia entidade cultural.