Comezaremos a semana baixo a influencia dunha borrasca cunha fronte fría activa asociada, polo que o tempo cambiará de xeito radical. Agardamos ceos moi anubrados ou cubertos, con chuvias persistentes e puntualmente moderadas, que comezarán polo noroeste e que se estenderán a toda a Comunidade co transcurso da tarde. As temperaturas nocturnas non variarán ou descenderán lixeiramente, mentres que as diúrnas descenderán de xeito moderado ou notable. Os ventos soprarán do sur ou sudoeste durante a mañá, moderado en xeral, con refachos fortes no litoral da Coruña, e de compoñente oeste a partir da tarde, frouxos con algúns refachos moderados no litoral.
Ceos moi anubrados ou cubertos, con chuvias persistentes e puntualmente moderadas, que comezarán polo noroeste e que se estenderán a toda a Comunidade co transcurso da tarde.
Temperatura mínima sen cambios ou en lixeiro descenso e máximas en descenso moderado en xeral, con descensos notables puntuais.
Vento do sur ou sudoeste durante a mañá, moderado en xeral, con refachos fortes no litoral da Coruña, e de compoñente oeste a partir da tarde, frouxos con algúns refachos moderados no litoral.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 22ºC | 18ºC |
| Fisterra | 21ºC | 17ºC |
| Santiago | 20ºC | 16ºC |
| Monforte | 21ºC | 15ºC |
| Lugo | 20ºC | 14ºC |
| Ribadeo | 22ºC | 17ºC |
| Viveiro | 21ºC | 16ºC |
| Ourense | 24ºC | 15ºC |
| Verín | 22ºC | 14ºC |
| Lalín | 18ºC | 10ºC |
| Pontevedra | 21ºC | 17ºC |
| Vigo | 21ºC | 17ºC |
| Vilagarcía | 21ºC | 18ºC |
| A Coruña | 22ºC | 18ºC |
| Pedrafita | 16ºC | 11ºC |
| O Barco | 23ºC | 13ºC |
| Cuntis | 20ºC | 16ºC |
Nesta xornada, Galicia manterase baixo a influencia dunha borrasca, centrada no Atlántico Norte, e unha nova fronte atravesará o noso territorio. Deste xeito predominarán os ceos anubrados con chuvias, acadando localmente intensidade moderada. As temperaturas descenderán, tanto as mínimas como as máximas. Os ventos soprarán do suroeste, fortes durante a mañá no litoral norte e zonas altas e do noroeste pola tarde, moderados en xeral.
Ceos anubrados con chuvias, acadando localmente intensidade moderada.
Temperaturas en descenso, tanto as mínimas como as máximas.
Ventos do suroeste, fortes durante a mañá no litoral norte e zonas altas e do noroeste pola tarde, moderados en xeral.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 21ºC | 15ºC |
| Fisterra | 20ºC | 15ºC |
| Santiago | 20ºC | 14ºC |
| Monforte | 20ºC | 12ºC |
| Lugo | 19ºC | 12ºC |
| Ribadeo | 20ºC | 13ºC |
| Viveiro | 19ºC | 12ºC |
| Ourense | 22ºC | 12ºC |
| Verín | 21ºC | 11ºC |
| Lalín | 18ºC | 9ºC |
| Pontevedra | 22ºC | 14ºC |
| Vigo | 21ºC | 14ºC |
| Vilagarcía | 21ºC | 13ºC |
| A Coruña | 21ºC | 15ºC |
| Pedrafita | 12ºC | 7ºC |
| O Barco | 20ºC | 11ºC |
| Cuntis | 22ºC | 15ºC |
A xornada do mércores, Galicia manterase nunha zona intermedia entre o anticiclón das Azores e as baixas presións do Atlántico norte con ventos de compoñente oeste que achegarán aínda algunha inestabilidade. Predominarán os intervalos anubrados, con chuvascos dispersos e ocasionais máis probables nas provincias atlánticas. As temperaturas non terán cambios significativos, con ascensos puntuais das máximas. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos en xeral, con intervalos moderados no litoral e terzo norte.
Intervalos anubrados, con chuvascos dispersos e ocasionais máis probables nas provincias atlánticas.
Temperaturas sen cambios significativos, con ascensos puntuais das máximas.
Ventos de compoñente oeste, frouxos en xeral, con intervalos moderados no litoral e terzo norte.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 22ºC | 15ºC |
| Fisterra | 21ºC | 15ºC |
| Santiago | 21ºC | 12ºC |
| Monforte | 21ºC | 10ºC |
| Lugo | 21ºC | 11ºC |
| Ribadeo | 21ºC | 13ºC |
| Viveiro | 20ºC | 12ºC |
| Ourense | 23ºC | 12ºC |
| Verín | 21ºC | 11ºC |
| Lalín | 19ºC | 8ºC |
| Pontevedra | 21ºC | 13ºC |
| Vigo | 21ºC | 13ºC |
| Vilagarcía | 22ºC | 14ºC |
| A Coruña | 23ºC | 15ºC |
| Pedrafita | 13ºC | 7ºC |
| O Barco | 20ºC | 11ºC |
| Cuntis | 21ºC | 13ºC |
Xornada de transición co anticiclón gañando pouco a pouco posicións e circulación de ventos do oeste. Con esta situación, teremos que agardar ceos alternando nubes e claros con apertura de grandes claros pola tarde; ceos con máis nubes na Coruña durante a mañá. As temperaturas permanecerán sen cambios ou con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán do suroeste, frouxos en xeral.
Alternancia de nubes e claros con apertura de grandes claros pola tarde; ceos con máis nubes na Coruña durante a mañá.
Temperaturas sen cambios ou con lixeiros ascensos.
Ventos do suroeste, frouxos en xeral.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 22ºC | 16ºC |
| Fisterra | 21ºC | 15ºC |
| Santiago | 23ºC | 14ºC |
| Monforte | 22ºC | 12ºC |
| Lugo | 23ºC | 12ºC |
| Ribadeo | 22ºC | 14ºC |
| Viveiro | 21ºC | 13ºC |
| Ourense | 25ºC | 13ºC |
| Verín | 22ºC | 12ºC |
| Lalín | 21ºC | 11ºC |
| Pontevedra | 23ºC | 15ºC |
| Vigo | 23ºC | 15ºC |
| Vilagarcía | 22ºC | 15ºC |
| A Coruña | 22ºC | 16ºC |
| Pedrafita | 17ºC | 9ºC |
| O Barco | 23ºC | 12ºC |
| Cuntis | 22ºC | 15ºC |